Definición
Unha sucesión é un conxunto ordenado de números reais:
a1, a2, a3, a4, a5, a6,.......
Cada elemento da sucesión chámase termo da sucesión.
Para escribilos empregaremos subíndices: 1 para o primeiro, 2 para o segundo, 3 para o terceiro, etc.
Os termos das sucesións pódense determinar a partir de certo criterio, este criterio denomínase regra de formación. |
|
|