Lembra o máis importante
Funcións lineais
Son as funcións que relacionan magnitudes directamente proporcionais e a súa ecuación é da forma

                 y = mx

A súa representación gráfica é sempre unha lina re
cta que pasa pola orixe. A pendente m é a constante de proporcionalidade.

Funcións afíns
Relacionan magnitudes directamente proporcionais sometidas a algunha condición inicial. A súa ecuación é da forma
y = mx+n
A súa gráfica é unha recta de pendente m que pasa polo punto (0,n), onde n é a ordenada na orixe.

Ecuacións da recta
  • Ecuación explícita: y = mx + n
  • Ecuación punto-pendente: Se se conecen a pendente m e un punto (xo,yo) a ecuación é: y - yo = m(x - xo)
  • Ecuación da recta que pasa por dous puntos: Se se conecen dous puntos P(xo,yo) e Q(x1,y1):
    Ecuación da recta que pasa por dous puntos conecidos
  • Ecuación xeral: Simplificando calquera das ecuacións anteriores obtense:
    Ax + By + C = 0
Funcións cuadráticas

     y = ax2+bx+c con a≠0
A súa gráfica é unha parábola de eixe de simetría vertical e vértice: : (-b/2a, f(-b/2a))

• O valor de a indica cara onde se abre a curva e se é máis aberta ou pechada.
• O valor de c indica ol corte co eixe OY.

Casos particulares

anterior
seguinte
Descartes
Descartes
Descartes
Descartes