Problemas
simples
As funcións lineais describen fenómenos
nos que interveñen magnitudes directamente proporcionais.
A representación gráfica será unha recta cuxa
pendente nos informa da rapidez coa que varía unha magnitude
a respecto da outra. A ordenada na orixe infórmanos
sobre as condicións iniciais.
Na escena amósanse algúns exemplos.
Na descrición de fenómenos reais é frecuente que as magnitudes
que se relacionan veñan dadas por números de tamaños moi diferentes,
polo que ao representalas graficamente haberá que escoller unhas
escalas axeitadas nos eixes correspondentes.
|