3. Ecuacións da recta
Ecuación punto-pendente

A ecuación y = mx + n que xa temos visto denomínase ecuación explícita da recta. Podemos obter esta ecuación cando coñecemos a pendente e a ordenada na orixe.

Cando só coñecemos a pendente m e as coordenadas doutro dos puntos da recta, (xo,yo), a súa ecuación é

y - yo = m (x - xo)

Esta expresión recibe o nome de ecuación punto-pendente da recta. Na escena explícase como se obtén.

Practica un pouco estas ideas
coa axuda duns exercicios resoltos
anterior
seguinte
Descartes
Descartes