2. Función afín
Representación gráfica

As funcións afíns represéntanse tamén mediante liñas rectas, pois o termo independente que as distingue das funcións de proporcionalidade só produce unha translación da gráfica cara arriba ou cara abaixo.

Para representar a gráfica precisamos obter dous puntos. Un deles obtémolo da propia ecuación pois, como xa sabemos, a ordenada na orixe n, indícanos que a recta pasa polo punto (0,n). O outro punto obtense dándolle un valor calquera a x e calculando o correspondente valor de y. Unindo os dous puntos temos a gráfica da función.

 
Exercicios para obter a ecuación
a partir da gráfica
anterior
seguinte