Recoñecer se unha relación entre dúas
variables é unha función ou non.
Distinguir a variable independente e a
dependente.
Expresar
unha función utilizando unha táboa de valores, unha gráfica
ou unha fórmula.
Determinar o dominio e o percorrido dunha función.
Interpretar
algunhas características da gráfica dunha
función: o crecemento e decrecemento, os extremos
relativos, a periodicidade...
Representar e analizar gráficas de funcións extraídas de
distintas situacións cotiás.
Lembra
O que aprendiches en 2º sobre este tema.
Investiga O
período de revolución dun satélite é unha
función
do raio da órbita (se esta é circular). É dicir, se se coñece o
raio da órbita saberáse o que tarda o satélite en dar unha volta.
Busca o enunciado da terceira lei de Kepler para saber
de que tipo de función se trata.
Autores: José Herrero Izquierdo / José Luís Alonso Borrego Adatación DescartesJS: Joan Carles Fiol Colomer
Autores da versión galega: MªIsabel Hermida Rodríguez, Pedro Antonio Pazos García, Ana Isabel Gómez López