2. Características dunha función
Crecemento e decrecemento
Dise que unha función é crecente nun punto se, arredor dese punto, cando a x aumenta tamén aumenta a y.
E será decrecente se ao aumentar a x diminúe o valor de y.

Se unha función é crecente nun punto entón, arredor del, a gráfica, vista de esquerda a dereita, ascende. Se descende, e que é decrecente. Se a función toma o mesmo valor ao redor dun punto (a gráfica mantense sen subir nin baixar), entón dise que alí a función é constante.
Unha función pode ser crecente nun conxunto de puntos do seu dominio e decrecente noutros. Se só crece ou só decrece entón denomínase función monótona.
>
Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente