1. Relacións funcionais
Gráfica dunha función
Para obter a gráfica dunha función a partir da táboa de valores primeiro debúxanse uns eixes de coordenadas, representándose os valores da variable independente (x) no eixe horizontal (abscisas) e os da variable dependente (y) no vertical (ordenadas).
 
Cada parella de valores das variables dependente e independente represéntase mediante un punto (x,y) no sistema de coordenadas.
 
Os puntos debuxados uniranse se a variable independente pode tomar calquera valor real no rango estudado: a liña (recta ou curva) que resulta é a gráfica da función.
Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente