2. Semellanza
Figuras semellantes
Observa á dereita algunhas parellas de figuras semellantes; teñen a mesma forma pero están representadas con tamaños diferentes, unha pode considerarse unha ampliación da outra.
Dúas figuras planas considéranse semellantes se existe a mesma proporción, chamada razón de semellanza, entre os seus lados homólogos e ademais os seus ángulos homólogos son iguais.

Como podes ver na escena, a semellanza está baseada no teorema de Tales. Premendo aquí podes lembrar outras interesantes aplicacións deste teorema.

Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente