1. Ángulos na circunferencia  
Ángulos central e inscrito
Na circunferencia da escena da dereita o ángulo α, que ten o seu vértice no centro da circunferencia, chámase ángulo central e representa a medida angular do arco PQ.

   O ángulo β, que ten o vértice na mesma circunferencia, chámase ángulo inscrito e dise que abrangue o arco RS.
  
O ángulo inscrito que abrangue un arco de circunferencia determinado é igual á metade do ángulo central que abrangue o mesmo arco.

Preme na seguinte escena da dereita, para ver unha comprobación.
Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente