2 . Proporcionalidade directa

Redución á unidade

Con todo a regra de tres convértese nun procedemento mecánico, que aínda que permite resolver de forma fácil calquera actividade, non se razoa de forma conveniente a súa resolución.

Outro procedemento que podemos chamar de redución á unidade, consiste en calcular o valor da segunda magnitude correspondente á unidade da primeira. Este valor é o que se chamou anteriormente constante de proporcionalidade directa. A partir de aquí é máis fácil calcular o valor final da segunda magnitude.

Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente