5. Gráficos para unha variable discreta.

Polígonos de frecuencias

O polígono de frecuencias constrúese a partir do diagrama de barras, unindo os puntos medios da base superior dos rectángulos que constitúen as barras.

Se se constrúe  un diagrama de barras considerando en lugar das frecuencias as frecuencias acumuladas e unimos os puntos medios das bases superiores mediante segmentos, obtemos unha poligonal crecente que denominamos polígono de frecuencias acumuladas.

Preme para facer uns exercicios
anterior
seguinte