3. Ordenación de datos.

Tabulación para variable cualitativa.

Nos casos de carácter cualitativo, a tabulación dos datos é moi simple. As tres columnas que teñen sentido fan referencia a:
    - O valor dos atributos.
    - A frecuencia absoluta
    - A frecuencia relativa

Propiedades interesantes das táboas estatísticas:

  • A suma de todas as frecuencias absolutas é igual ao tamaño da poboación  ou da mostra.
  • A suma das frecuencias relativas é sempre igual a 1.
    Se se realizou algún redondeo nas frecuencias relativas é usual que a suma das mesmas non sexa exactamente igual a un debido aos erros cometidos.
Preme para facer uns exercicios
anterior
seguinte