1. Vocabulario estatístico

Poboación, mostra, individuo e carácter. As primeiras definicións necesarias para o inicio de calquera estudo estatístico son:

  • Poboación: Conxunto de todos os elementos que verifican unha característica que será obxecto de estudo.
  • Individuo: Cada un dos elementos da poboación.
  • Mostra: Calquera subconxunto da poboación. Este subconxunto é moi importante que sexa representativo da poboación.
  • Carácter: Cada unha das propiedades que posúen os individuos da poboación e que poden ser obxecto de estudo.
  •   

    anterior
    seguinte