1. Sistema de eixes coordenados  

Coordenadas dun punto no plano
Na escena aparecen varios puntos no plano e uns eixes cartesianos. Move o rato por enriba e fai que o punto móbil vermello se sitúe sobre cada un dos puntos fixos, deste xeito poderás visualizar as coordenadas cartesianas de cada punto.
Observa que as coordenadas dun punto son un par ordenado de valores.

  
 A primeira coordenada ou abscisa dun punto indícanos a distancia á que o devandito punto se atopa do eixe vertical.
 
 A segunda coordenada ou ordenada indica a distancia á que se atopa o punto do eixe horizontal.
Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente