Razón entre dous números
Estamos afeitos a dar información sobre situacións da vida cotiá usando números. Hai ocasións nas que un único número non é suficiente e debemos comparalo con outra cantidade para poder comprender mellor a situación.
Cando comparamos dúas cantidades formamos unha razón.
Razón é o cociente entre dous números a e b.
Escríbese a/b e lese "a é a b ".
|
Unha razón non ten unidades e serve para comparar: indica o nº de veces que unha cantidade é maior que outra.
|