1. Liñas poligonais

Definición e tipos. Polígonos

Unha liña poligonal é un conxunto de segmentos concatenados, (cada un empeza onde acaba o anterior), e poden ser: abertas ou pechadas.
A superficie contida por unha liña poligonal pechada chámase polígono.
Os polígonos poden ser cóncavos ou convexos.
Como poderás ver máis adiante neste tema, tamén se clasifican en: regulares e irregulares e segundo o seu número de lados.

Na escena podes mover os puntos que
determinan os segmentos representados,
pero ten en conta que non ten sentido que
un segmento cruce a outro ou outros.

Preme para recoñecer polígonos
cóncavos e convexos
anterior
siguiente