4. Raíces cadradas

Raíz cadrada enteira

Moitos números non teñen raíz cadrada exacta. Nese caso calcúlase a raíz cadrada enteira e haberá un resto.

Por exemplo, 70 non ten raíz cadrada exacta porque 82=64 e 92=81. A raíz cadrada enteira de 70 é 8 e o resto é 70?64=6. ?70=8 e resto 6.

Para facer raíces cadradas por tanteo buscaremos números que ao elevalos ao cadrado se aproximen ao radicando.

 

Preme para ver uns exemplos
anterior
seguinte