3. Operacións con fraccións

Ver outros exemplos:

Operacións combinadas.
Para resolver operacións combinadas debemos ter en conta estas indicacións:.
• A misión das parénteses é a de unir ou "empaquetar" aquilo ao que afectan.
• Os signos de multiplicar unen máis que os de sumar e restar, é dicir, cando dous números están unidos polo signo de multiplicar forman un bloque inseparable.
• Para poder sumar ou restar dous números deben estar soltos, non podemos sumar dous números se un deles está unido polo outro lado a outra expresión mediante un signo de multiplicar.
• As operacións combinadas resólvense en varios pasos, todo o que non se resolva nun paso débese copiar outra vez tal como estaba, sen esquecelo nin cambialo de posición.
• Como norma xeral é aconsellable comezar resolvendo o do interior das parénteses, seguir logo coas multiplicacións e terminar realizando as sumas e restas que queden.

ejerciciosPreme para facer uns exercicios
anterior
seguinte