Un
cadrado máxico consiste
na disposición dunha serie de números de forma que, ao sumar
as filas, as columnas ou as diagonais, se obtén sempre
o mesmo valor.
O
cadrado da dereita é máxico xa que a suma de filas,
columnas e diagonais é 15.
•Saberías
achar o valor de x
de forma que este cadrado sexa máxico?
Para
visualizar outros cadrados máxicos preme aquí.
|
Un
xogo
Pensa
un número, súmalle 5, multiplica o resultado obtido por 6, réstalle 20, súmalle 5, réstalle 15
e finalmente divide o resultado entre 6. Obtés o
número que pensaches?.
Investiga por que sempre obtés o número que pensaras. |
Unha
identidade é unha
igualdade alxébrica que se verifica para calquera valor da
letra.
Na
igualdade alxébrica 5x - 3x = 2x,
comproba que, ao substituír a x por calquera valor, se verifca.
Así, 5x - 3x = 2x é unha
identidade.
|
Unha
serie
Como
completarías esta serie na que cada número se obtén sumando os dous anteriores?
|